Benvidos ó Proxecto

Outro xeito de ver e coñecer a RÍA de FERROL e o CAMIÑO INGLÉS

Rutas guiadas de kaiak de mar durante todo o ano por toda a Ría de Ferrol da man de

logos generales

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Nesta páxina web poderás coñecer:

  • as rutas ofertadas e as fechas programadas
  • principais requisitos pra poder realizalas
  • estar ó día das novas arredor do Proxecto
  • disfrutar dos mellores momentos das rutas que se van facendo
  • contactar conosco

Anuncios

Ruta do Marisqueo na Ría de Ferrol

Ruta do marisqueo pola Ría de Ferrol

Percorrido polas Confrarías da Ría de Ferrol, bancos marisqueiros e asteleiros da zona, coñecendo a súa historia e estado actual.

mapamarisqueo2.png

Ruta do Camiño Inglés

Ruta do Camiño Inglés

Percorrido do Camiño Inglés no seu tramo costeiro Ferrol-Neda, paralelo ao Camiño por terra, coñecendo a súa historia, estado actual e todo o que o rodea.

mapacamino2.png

Novas

Ruta inagural do Marisqueo

Aproveitando as boas condicións do mar,  o 30 de setembro arrincamos coa RUTA do MARISQUEO. Puideron disfrutar do percorrido coñencendo diferentes artes de pesca e marisqueo e cofrarías da Ría de Ferrol. Durante o percorrido, @s nos@s participantes puideron colabora na limpeza do mar, recollendo o lixo que foron atopando.

O Club

logo clubO noso Club é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro que ten por obxetivo principal a promoción e desenrolo deste deporte así coma a participación en competicións deportivas.

O Club nace grazas ó esforzo e a vontade da Asociación de veciños Altea e da agrupación deportiva do mesmo nome no 2005, sendo renomeado coma Club de Piragüismo NARÓN dende 2009.

Son fins do Club:

  • a práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario,
  • a actividade física e deportiva en xeral e do piragüismo en particular,
  • dar a coñecer e promover a cultura marítima,
  • e actividades de tempo libre e ocio para a dinamización, formación, coñecemento e respecto pola natureza e os entornos naturais do noso entorno (p.e.: bautizos de mar en piragua ou kaiak, rutas marítimas ou a pé, etc).

En definitiva, unha familia pra educar, formar e dar apoio @s nos@s deportistas e, coma non, pasalo ben.

Visita a nosa web se queres saber máis sobre nos:

https://clubpiraguismonaron.wordpress.com/